parallax background
O RESTAURANTE

A Moa é un exemplo de cociña tradicional galega, vanguardista e, ao mesmo tempo, sinxela e honesta.

 

A Moa, en pleno barrio de San Pedro, aproveita todo o encanto da contorna na que se atopa. É punto de encontro de cidadáns de Santiago e de turistas de tódalas partes do mundo. A nosa cociña, baseada na calidade da materia prima galega, permítenos sorprender tanto ao visitante local e ao foráneo.

De martes a a venres temos un menú do día composto dun primeiro, segundo e sobremesa por 15€, ou prato único con sobremesa por 10€.

Contamos, en todas as cartas (tapería, menú semanal e menú á carta) con opcións vexetarianas e veganas. Deste xeito, todos os comensais poderán gozar dunha comida deliciosa á medida das súas preferencias, sen ter que renunciar ao sabor.

 

Español